06 enero 2012

Canción despois de ler sobre a morte de Isaac Díaz Pardo

Exténdese a tarde
no arrolo das pombas extraviadas
nos campos dunha Galicia
onde a pesar das voces
os netos aínda quentan
os pés dos avós.

E o tempo rómpese
na viraxe da madeira
que na cheminea
descobre
a face dun morto,
por un lapso de tempo
tan breve
que mesmo os ollos que o viron din:
non pasou tal cousa.