30 junio 2011

Nana


Dúrmete meu neno

que veñen as xirafas

cos seus longos pescozos.

Dourados,

abalean ó sol.

Dúrmete meu neno,

non chores máis.

Déitase tamén o sol

e o seu manto alaranxado

agarima o latido forte

do teu peito.

Acompaña á respiración

dos teus soños.

Dúrmete, rei.

Mañá verás a mañá amencer,

o serán caer

e a noitiña chegar.

De novo, outra vez,

pra facerlles cóxegas os teus pés.