04 diciembre 2011

Moscas voadoras

Mirei cara o ceo,
unha resposta
esvaraba polas paredes

pedinlle ó asfalto
fiestra
e amosoume dúas estelas
cicatrizando no ceo urbano

penso nas túas mans;
ábrense ata formar caracola

simultaneidade
de sentimentos encontrados

trazo un colar
de contas translúcidas
sobre o meu ventre

mirei cara o ceo
e perdín de vista
a resposta que esvaraba
polas paredes.

2 gusarajos:

jojoaquin dijo...

es un poema muy dulce y redondo, como si fuera cicatrizando solo. Besos

juan bello dijo...

a menudo buscamos respuestas donde solo hay polvo